INSCRIPCIÓN SOCIOS ANPA CASTRO BAXOI

    ANPA CASTRO BAXOI

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA SOCIOS

    OU PAGO DE MATRÍCULA (NON SOCIOS)

    INDICACIÓNS DE RECOMENDADA LECTURA

    Este formulario permite actualizar os datos dos socios/as e dos seus fillos/as, inscribirse como novo/a socio/a. Se xa eres socio e desexas seguir como tal, NON é necesario cubrir de novo o formulario. A renovación é automática.

    -Lembramos que poden ser socios/as os pais, nais ou titores de alumnos/as do Castro Baxoi. Co pagamento da cota anual de 20.00 € poderán inscribirse ou manter a súa condición de socios/as os adultos membros da unidade familiar, é dicir, a cota son 20.00 € por familia. Favorece á asociación que se rexistren pai e nai, se fose o caso.

    -Tamén autoriza aos cargos das cotas de socio/a; así como as cotas de alta nos servizos de comedor, mañanceiros e extraescolares, para as familias que non desexen formar parte da asociación, cuxo custo é 30.00 € por neno/a como matrícula de cada un dos servizos (comedor, mañanceiros ou extraescolares) cando fagan uso deles.

    -Coa presentación desta solicitude acéptase expresamente a política de privacidade da asociación publicada na web ou no taboleiro da ANPA no centro escolar.

    -A forma de pagamento da cota anual é únicamente mediante Domiciliación Bancaria. O custo das devolucións de recibos será por conta das familias inscritas.

    -O recibo único pasarase na seguinte data:será notificado con antelación a través da aplicación e as redes sociais .

    -Seguro de Accidentes para a realización de extraescolares: Os servizos de comedor, extraescolares e mañanceiros comparten seguro de accidentes. O custo deste seguro correrá a cargo da asociación este curso. O resumo das condicións da póliza pódese atopar en www.anpacastrobaxoi.gal.

    IMPORTANTE: Este mesmo formulario servirá para tramitar a baixa como socio/a, que se deberá comunicar formalmente a esta Asociación.



















    Coa sinatura desta orde de domiciliación, o debedor autoriza ao acredor a enviar instrucións á entidade do debedor para cargar na súa conta, e á entidade para efectuar os cargos na súa conta seguindo as instrucións do acredor. Como parte dos seus dereitos, o debedor está lexitimado ao reembolso pola súa entidade nos termos e condicións do contrato subscrito con esta. A solicitude de reembolso deberá efectuarse dentro das oito semanas que seguen á data de débito en conta. Pode obter máis información sobre os seus dereitos na súa entidade financeira.

    Identificador do acredor: ES8221006309980200003831
    Nome do acredor: Asociación de nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi, Miño.
    Dirección: Rúa As Marismas, Nº 25
    Código postal - Poboación - Provincia: 15630 - Miño – A Coruna -País España










    POLÍTICA PRIVACIDADE: PROTECCIÓN DE DATOS
    De conformidade co establecido na normativa vixente en Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento de titularidade da ANPA CASTRO BAXOI con CIF G15370273 e domicilio social ubicado en RÚA AS MARISMAS Nº25, 15630, MIÑO (A CORUÑA), coa finalidade de atender aos compromisos derivados do Formulario de Inscrición da ANPA: Novos socios, Modificación de datos, Baixas así como Matrícula de Mañanceiros, Comedor e/ou Extraescolares, subscrito entre ambas as partes. En cumprimento coa normativa vixente, ANPA CASTRO BAXOI informa que os datos serán conservados durante O PERÍODO LEGALMENTE ESTABLECIDO. Coa presente cláusula queda informado de que os seus datos serán comunicados en caso de ser necesario a: administracións públicas e a todas aquelas entidades coas que sexa necesaria a comunicación coa finalidade de cumprir coa prestación do servizo anteriormente mencionado. ANPA CASTRO BAXOI informa que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. É por iso que ANPA CASTRO BAXOI comprométese a adoptar todas as medidas razoables para que estes suprímanse ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos. De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidad e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como do consentimento prestado para o tratamento dos mesmos, dirixindo a súa petición ao correo electrónico correo@anpacastrobaxoi.gal. Poderá dirixirse á Autoridade de Control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.
    De acordo co que establece a Lei 1/1982, do 5 de maio, sobre o dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, solicitamos o seu consentimento para utilizar as imaxes do seu fillo/a e/ou tutelado/a, captadas mediante fotografías ou vídeos realizados pola nosa entidade, para potenciar a imaxe corporativa e/ou promocionar as actividades da entidade. (Marque a opción escollida):

    A non autorización imposibilita o envío deste formulario